Aduanas

Pasear  por Curuxeiras é un costume gozoso de tantas e tantas persoas, sexan da cidade ou visitantes, e permite apreciar o fermoso peirao que nos xungue a ese  mar que é vida para Ferrol. Nese paseo unha lamenta, ao erguer a vista, o estado de abandono no que se atopa hai demasiado tempo o inmoble de aduanas. O estrago do edificio apenas respecta  outra cousa que a pedra chantada na súa fachada co escudo franquista, aínda sen retirar por parte dese goberno hostil á recuperación da memoria histórica democrática que é o de Rajoy. Aduanas é un inmoble abandonado (circunstancia que favorece a aceleración do seu estrago), que o Concello de Ferrol está a reclamar para que se poda dedicar, logo da súa rehabilitación, a usos dotacionais públicos de carácter social. Incluso houbera un principio de compromiso para dedícalo a albergue de peregrinos. O importante é que o ministerio o ceda sen querer facer negocio a costa  das posibilidades de Ferrol, do noso porto.

Aduanas

Te puede interesar