Coido que é unha mágoa a dimisión de Albert Rivera, polo que significa para a normalización da política neste país. Por suposto que é unha dimisión xustificada polo fracaso de Ciudadanos e por que foi el, coa súa teima anti-Sánchez, quen levou ao seu partido a esa desfeita electoral. Nembargante, penso que a política española perde unha boa oportunidade, de engadir no panorama das ideoloxías, a un partido de dereitas con feituras democráticas, limpo de prácticas corruptas e, máis en consonancia cos partidos de dereitas europeos. O señor Rivera tivo ao seu alcance converterse nun político importante, dos que tan necesitado está o país, pero faltoulle a axilidade mental necesaria para actuar do xeito que, a situación política e as circunstancias esixían. E por iso perdeu; e por iso se vai, por honradez e coherencia, algo digno de louvanza. O que non quita que poda ser unha verdadeira mágoa. Digo eu claro, pero a quen lle importa o que eu pense? Outros estarán moi ledos. Nonsí?