Lola

|

ste domingo asistín en Melide a homenaxe a Lola, unha muller que  dedicou  a súa vida a nos servir as mellores racións de “pulpo”. E alí estaba, fermosa. Agarimosa. Recibíndonos cun  seu sorriso... E un ronsel de lembranzas e emocións abriuse camiño entre  a melodía das tesoiras e os ecos de voces ausentes.  Lola, forma parte da paisaxe das feiras e mercados de Pontedeume, Cabanas, Ferrol... E  logrou, canda moitos outros, que  ninguén conciba un acto social sen a presenza do polbo.  
Alén diso, arredor do banco da súa cociña e do taller do Avelino, Lola impartiunos a aqueles que fomos nenos na “ avenida de América” no Melide de feirantes que, día a día, embarcaban nos autobuses de Puntero na procura do sustento,  unha primeira lección de solidariedade, que nos acompañou para sempre.
No Melide solidario, que nos criou no amor a lingua e nos mergullou na nosa cultura, Lola a “ pulpeira de Melide”, xa é un retallo da súa historia. 

Lola