Até que falou González

Hai un nutrido grupo de cidadáns, entre os que eu asino, que gozamos dun mes de setembro plácido porque Venezuela saíu dos informativos diarios e horarios. O asunto catalán deunos un respiro e case volvíamos a reverdecer sen tanto Maduro. Pero chegou o ex González comparando a situación mediterránea coa caribeña. Só queda esperar que o expresidente español non se referise a Carlos Andrés Pérez e o seu mandato no país americano. A este paso, vai entrar no dicir común que unha pescada mal feita ou un coche que non anda parecen Venezuela. Por obra de Puigdemont vivimos felices desconectados da actualidade transoceánica e centrados agora nas inquietentes novas que nos chegan de Corea, a do norte, que compartía actualidade cos furacáns, dos cales hai dous novos sen case presenza nos diarios debido a que xa non permanecen turistas nas Antillas. Mentres tanto seguimos a voltas con Cataluña e o seu minuto e resultado que nos contan desde a capital do Reino.

Até que falou González

Te puede interesar