Orzamento, fine

areacción do PP e dos seus altofalantes ante a aprobación dos orzamentos non deixa de sorprender por agresiva e incrédula se non fose que supón un atranco crucial na súa estratexia de cara as eleccións de 2019. O seu principal mantra esvaeuse de vez: “Non ter orzamentos é proba de que non hai alternativa ao PP”. 
FeC e PP cansáronse de acusar ao BNG, con 2 representantes de 25 de dinamitar a gobernabilidade mentres entre eles pactaban a taxa de saneamento, entregar a depuradora a Emafesa, as subvencións a dedo ou o especulativo PE de Ferrol Vello. 
E cando ao BNG despois de tres anos lle presentan por primeira vez un documento orzamentario e fai o posible para que en 4 días saia adiante pregúntanse porque e acúsano de todo sen saber exactamente de que.
O curioso é non preguntarse porque o PP con 11 representantes pode ter dereito a 5 dedicacións pero non ten obriga de nada. E a resposta é que o intento de salvar a Rey Varela está montado de hai tempo, FeC carga con moitas pedras del na mochila e o PSOE vendeu a súa pel moi barata a un PP insaciable. Así que aten cabos.

Orzamento, fine

Te puede interesar