Deberes

Nada hai máis importante que a educación, ¡nin sequera o fútbol!, por iso é preciso dedicarlle a máxima atención, o maior esforzo, por parte dos profesionais do ensino, dos profesores e mesmo dos pais. A formación dos nosos nenos e nenas, que son como un libro en branco, comeza o primeiro dia do colexio. Seus piares fundamentais son: Moito amor e dedicación do ensinante a súa fermosa profesión xunto con moita disciplina, sen esquecer o exemplo diario, na escola e na casa.
Estes días a polémica está servida nos xornais, deberes si ou deberes non. Hai opinións para tódolos gustos, anque a solución definitiva téñena os profesores, os pais, as ANPAS e mesmo os propios escolantes. A miña opinión é ben clara, deberes si sen ningunha dúbida, ben estudados, ponderados e coordinados polos profesores, sempre sen perder de vista que un neno, despois dunha mañá enteira no colexio, non pode adicar toda unha tarde a facer deberes.
As vantaxes son evidentes:
-Repaso da lección diaria, ao meu xuízo, non abonda coa explicación do profesor     na aula.
-Un mellor coñecemento do alumno por parte do ensinante.
-Inculcar nos nenos e nenas o habito de estudar, o sentido da responsabilidade e mesmo o afán de superación.
-Si á participación activa dos pais e das nais o que redundará ademais nunha     mellor compenetración entre pais e fillos.
Hai un tempo para todo, só hai que dosificalo, un tempo para xogar outro para os deberes e, nestes intres que estamos a vivir, un tempo tamén para controlar o uso do móbil, ese aparello cuasi infernal no que, como unha adicción, tanto manipulan os nenos dende moi curta idade.
Na escola é necesario que os profesores aprendan aos seus alumnos a organizarse e a aproveitar o tempo. Na casa, os pais deben cumprir e aínda complementar se necesario fose, as directrices do colexio e, ¡moi importante!, inculcar nos seus fillos un profundo respecto pola figura do profesor.
Por riba destas consideracións, para rematar este apunte, quero destacar aquí a necesidade imperiosa dunha disciplina pendente nos colexios que é ao meu xuízo, aprender a estudar. Penso que en moitos casos evitaríase o tan estendido e frustrante fracaso escolar.

Deberes

Te puede interesar