Accidentes

Levo preto de dez anos denunciando no Concello o perigo latente de accidentes na avenida de Vigo, por mor da circulación e aparcamento de turismos e camións pola beirarrúa, a poucos centímetros das portas e dos túneles da praza de Sevilla. O ano pasado  puxéronse uns “bolardos” como defensa diante dos portais e, durante algún tempo, a cousa funcionou. Mais o vandalismo motorizado derribou os dous postes situados diante do número 129, cousa da que informei oportunamente no Concello, os días 2 e 23 de Xaneiro, sen que ata agora foran repostos aqueles elementos disuasorios, o que permite de novo esa circulación tan perigosa. O día 5 deste mes a cousa chegou ao extremo de aparcar sobre a beirarrúa un monstruoso “trailer” de preto de trinta metros, aproveitando espazo deixado por aqueles “bolardos” . Mágoa que a prensa non publicara a foto, pois abofé que era ben espectacular. Eu non temo por min, que xa son vello, pero por aquí pasan moitos nenos e, calquera día...

Accidentes

Te puede interesar