INVESTIGADOS

Seica cambiou a definición dos imputados, pois que agora se definen como investigadas aquelas persoas, que teñen que render contas perante a Xustiza, para responder das súas falcatruadas. Vemos así como día tras día saen nos medios de comunicación, novos casos de corrupción, que xa chegan a afectar a pequenos concellos. En Ferrol parecía que a xente era máis honrada, pois dous casos que apareceron, foron axiña descartados polos xuíces, mais agora seica aparecen algúns indicios de irregularidades. Quizais non apareceron antes, porque non se investigaba ben, pois que, como as meigas, temas para sospeitar, haber, hainos. Por exemplo, pagar doce mil euros, por un expediente “a la carta”, cheo de erros e falsidades; ou cambiar un proxecto para construír un túnel innecesario e perigoso; ou encher a Praza de España con toneladas de pedra; ou... Pero claro, seguro que todo terá a súa explicación. Non hai que ser mal pensado, aínda que o refrán diga: “pensa mal ...”   

INVESTIGADOS

Te puede interesar