LIBERALISMO

|

Paréceme que este vocábulo é utilizado frecuentemente con significados diferentes e aínda contrarios. Segundo o noso diccionario, liberal significa xeneroso, desinteresado, tolerante, aberto, permisivo. E o liberalismo enténdese como a defensa da liberdade do individuo e a oposición aos réximes absolutistas. Mais o liberalismo económico oponse á intervención estatal e defende a iniciativa privada e, xa que logo, defendendo a liberdade da economía, pode defender a liberdade do individuo? Por outra banda temos o neoliberalismo, que hai quen aplica á política dun estado intervencionista que, lonxe de defender a liberdade individual, defende a liberdade da economía privada e que non ten nada de xeneroso e tolerante co individuo. Coido que sería máis exacto falar de neocapitalismo, un sistema máis explotador, máis agresivo, tendente ao absolutismo agás no que se refire á economía privada. Ou sexa, que está todo tan enguedellado que xa non entendo nada

 

LIBERALISMO