Cobrar entrada para visitar unha tumba

Penso que, entre o que se está a dicir sobre o derradeiro destino dos osos do xeneral golpista Francisco Franco, e o que se cala, hai moita diferencia. E é que pregúntome se a cousa paga a pena porque, se por mín fora, eu xa tería aceptado que os trouxeran para Catabois. Iso si, levantaría un cercado e cobraría entrada. Primeiro, porque seguro que non tería tantas visitas como podería telas no Valle dos Caídos, na catedral da Almudena ou vai ti saber onde lle pete á familia. E a un módico prezo, non crean, cinco euriños por persoa, tres por cada un se veñen en grupos organizados de máis de cen. O “remanente” tra-los custes de limpeza e mantemento, para amañar as sepulturas dos pobres, aínda que penso que non daría para moito, que con toda seguridade sería o mellor que o homillo podería ter feito, tanto en vida como en morte. E aí queda. Xa espanta que teña agora máis “vida” que cando non estaba morto e mataba. O resto é Historia. 

Cobrar entrada para visitar unha tumba

Te puede interesar