Torquemada?

Montolivo, xogador do Milan, que, hai unha semana, se lesionou de gravidade no transcurso do partido Italia-España, quixo expresarlles o seu agradecemento no seu Facebook  aos que tiveran un pensamento para el, porque, dicía, é cousa bonita recibir mostras de estima e afecto nun momento difícil como ese. Acto seguido quixo mandarlles aos que o asubiaron e insultaron cando deixaba o campo en padiola estas palabras: “Unha caricia para todos os que me desexaron a rotura de tibia e peroné, a rotura de todos os ligamentos e a morte... co desexo de que a vida logre facelos medrar en educación e respecto ao ser humano”. Exemplificante.
Días despois, por estes lares hispánicos, alguén tivo a estúpida idea de escribir nas redes estas aberrantes e despropositadas palabras dirixidas a un cativo de oito anos, gravemente enfermo, que quere ser toureiro: “Que se muera, que se muera ya. Un niño enfermo que quiere curarse para matar...”. Unha necidade á que axiña hai quen responde con outras de igual ou superior calibre, raianas, inclusive, no acoso ou no linchamento, con denuncias, policías, xulgados... Ai, mi madriña!
 

Torquemada?

Te puede interesar