Das pensións (2): emigrantes retornados

 altura do ano 2013, sendo ministro Cristóbal Montoro e coa amnistía fiscal en vigor, Facenda reclamoulles, con efectos desde o ano 2008, aos emigrantes retornados débedas por non incluíren no IRPF as pensións que cobraban no estranxeiro . No ano 2017 o Parlamento europeo aprobou unha iniciativa da deputada Ana Miranda que urxía ao goberno de España para que procurara unha solución para os perto de 250.000 galegos afectados. Transcorreron seis anos e os gobernos e os partidos que os sustentan (PP/PSOE) aínda non aportaron solucións. A actuación do Estado, en definitiva, xa for por se implicar con medidas coercitivas xa por se desentender do problema, como no caso Log Hope ( do que hoxe e mañá ten lugar o xuízo en Noruega), é discriminatoria cos nosos emigrantes. Alguén debería tomar nota e dispor as medidas para que remate esta vergoña. 

Das pensións (2): emigrantes retornados

Te puede interesar