Relixión islámica

Desde a convicción máis absoluta de que na escola pública non se deben impartir materias de doutrina relixiosa, non entendo a quen defendendo a presenza da relixión católica se manifesta contrario a que se impartan de maneira optativa, se é que existe demanda, disciplinas doutras confesións. A polémica xurdida hai uns días nun centro escolar de Castellón pola intención de implantar Relixión islámica carece de sentido, posto que ninguén ía obrigar un alumno a cursala, dado o seu carácter opcional. Aínda así, provocou a retirada da mesma. Un dos argumentos empregados era que o Islam relega a muller a un segundo plano. Non o fai acaso a Igrexa Católica? Creo que sería bo eliminar todas as materias relixiosas do ámbito educativo e, en todo caso, retomar unha disciplina que tivo pouco éxito, denominada Historia das relixións. Xa que culturalmente estamos impregnados delas, queirámolo ou non, un mellor coñecemento da súa historia e evolución daríanos outra perspectiva da literatura, da arte e, por suposto, dos conflitos “relixiosos” pasados e presentes.
 

Relixión islámica

Te puede interesar