MISERIA, MISERIA. MISERIA

|

Vilancico que se agacha baixo luces artificiosas (600.000 galegos mergullados na pobreza: o censo de A Coruña, Vigo e Ferrol).Panxoliñas que ecoan en esquinas e solainas de rúas e comercios (120.000 viven na  extrema pobreza: a suma de Ferrol, Narón e Fene). Estribillo, ande, ande, ande la marimorena, na boca dos meniños(12.000 pícaros viven en fogares nos que toda a familia está desempregada).
Velaí, Miseria!, por que nin os silencios esculpidos no pentagrama nin a correntada que esvara pola vidreiraocultan a dore desesperación que nos/os asfixia.
Zoa o vendaval. As rúas da cidade, de vagar, fican solitarias e os vagalumes que as atravesan acubíllanse na noite.
Pecho os ollos e, cabo de min, acho o alalá do mar de fondo; a regueifa dos motores ás robalizas. O arrolo da Fonte do souto. O aturuxo do Cantábrico no seu encontro co Masma. A alborada do paporroibo... Mañente.

 

MISERIA, MISERIA. MISERIA