Medallas e reversos

O atletismo é, despois do fútbol, o deporte que máis me atraeu de sempre. Mais, como andei uns cantos días fóra de España, desta volta olímpica non souben apenas nada. Foi nesta semana, pois, que tiven noticia da polémica xerada arredor dunhas manifestacións de Willy Toledo sobre o atleta cubano –agora español– Orlando Ortega e da súa medalla. Este tema da “compra” de disidentes xa vén de vello. Cantos casos non houbo antes da desfeita do bloque socialista... E sempre, e con razón, deron que falar. Que mérito pode ter para un estado que un deportista totalmente formado a conta doutro lle gañe unha medalla? Para min ningún. Sempre pensei que eses cambalaches non deberían estar permitidos polos organismos deportivos. Lembremos, neste caso, que este señor conseguiu a súa mellor marca o ano pasado en París, competindo con Cuba, país ao que tamén representou na anterior olimpíada. Se xa leva tres anos de español como non é esa marca o record de España? Eu non empregaría tanta artillería como o actor. E comparto os argumentos.

Medallas e reversos

Te puede interesar