Aquela outra cidade

Dínme os amigos, e algún que outro primo porque os irmáns –supoño que por aquelo de ser eu o maior no o din– que son un nostálxico. Pois levan razón, aínda que me gustaría dicir que non teño nostalxia do malo senón do bo. Por exemplo, o malo da miña nenez era que na casa non estaban as cousas para lerias e que había días de Reis bos e malos; o bo era que, aínda que houbera pouco, mesmo un balón, baixábamos á rúa María e xogábamos nela, so detido o xogo polo paso dalgún que outro Seiscentos ó que vías chegar e que, aínda así, dábate tempo para canear, chutar e meter gol nunha valeira pero estreitiña portería. Daquela, se as rúas da Magdalena non estaban peatonalizadas era porque iso de que serviran para andar, cruzar sen mirar e xogar canto a un lle petaba era o común. Claro que os coches eran poucos e estaban aparcados espallados por toda a rúa. Veume a cousa dos recordos hoxe que vin ós netos xogar como tolos, alporizados polos regalos, aínda que o xogo transcorría na casa, entre a consola do demo e algunha que outra moneca. Aquela, dende logo, era outra cidade, e máis bonita. 

Aquela outra cidade

Te puede interesar