Coalición

As previsións para os resultados das novas eleccións indican que, a situación política vai ser aproximadamente a mesma, malia o acordo de Podemos e IU. Xa que logo, volveremos a escoitar as  propostas dunha Gran Coalición entre PP e PSOE, cousa ansiada polos “peperos” e que, a algúns dos “pesoístas” menos socialistas, non lles parece do todo mal. Algúns analistas sinalan que esa estratexia deu bos resultados en países europeos, como Austria, Alemania e outros, mais ninguén explica cal era a situación neses países, respecto da corrupción Político – económica. De producirse esa coalición aquí, significaría asumir por parte do PSOE a corrupción do PP, lexitimando así todas as trapalladas do goberno anterior. É dicir, estarían a dar a razón aos que din aquilo de que todos son iguais. Pois non. Eu coido que non todos son iguais, aínda que todos cometeran erros no seu período de goberno. Pero segue a haber diferenzas insalvables entre uns e os outros. Digo eu, claro.  

Coalición

Te puede interesar