TERROR

Despois dos atentados de París e Bruxelas, parece que a xente se decata de que estamos en guerra. Atrás quedaron os atentados das Torres Xemelgas ou de Madrid, e os de tantos outros que son unha clara mostra de que a guerra é continua e permanente. Pero ninguén se lembra de Santa Bárbara ata que trona. E nembargante, hai unha guerra declarada entre os que controlan a economía mundial e o resto da Humanidade, que produce estragos entre os máis pobres e indefensos, con centos de milleiros de mortos de fame. E ninguén se alporiza. E non se convocan manifestacións nin minutos de silencio, que terían que ser manifestacións sen fin e silencio total todo o ano. Porque vivimos nun estado de terror latente, no que o estoupido dunha bomba parece un mal menor, sempre que lle toque ao do lado, claro. E pasa o tempo, fanse recordatorios, acéndense velas e  póñense flores; e todo se esquece ata a próxima. E nada se fai para atallar a raíz do mal. Hipocresía? Impotencia? Non sei.

TERROR

Te puede interesar