As Meninas de Canido, arte na rúa ou mercantilismo?

|

evo nos miolos máis o que me contan que o que teño visto, porque a mín, isto das redes sociais ten un dobre fío e penso que os dous moi afiados. Dinme que hai moita crítica á manifestación de arte popular das Meninas de Canido polo feito de que na festa, ou na cesta, xa se teñen metido moitos. E, claro, supoño que máis de un pode pensar que acabará por estoupar. Pero tamén coido que a idea é boa, aínda que non tan orixinal como se pretende vender, e que noutros lugares de calquera país disto mesmo hai moito, aínda que non sexa precisamente coas Meninas de Velázquez como referencia. Descontado todo o malo que lle queiran botar enriba, segue a ser un polo de atracción para a xente e motivo de achegamento artístico, máis ou menos atractivo, como toda arte que ten vocación da caducidade, neste caso a que procura o mal tempo, os cambios urbáns e o desleixo de moitos.

As Meninas de Canido, arte na rúa ou mercantilismo?