De xogos e de invasións

Que se saiba a economía de subsistencia –esa que a inmensa maioría dos habitantes precisamos para desenvolvernos con certa dignidade– non mellorou o máis mínimo. Se cadra, cada día está un chisquiño peor, porque medran os prezos máis que os salarios, de quen os teña, é obvio. O nivel de endebedamento penso que tampouco baixou. De non mudar radicalmente as estruturas económicas, agárdannos moitas, pero moitas, décadas para afrontar os pagos derivados de amañarlles as cousas ós que nos meteron nesta historia de roubo tras roubo e engano tras engano. E o diñeiro vai saír, como non, dos nosos petos, non dos dos culpables, como sería lóxico e de xustiza. Moita xente sábeo moito mellor ca min, comezando, naturalmente, polo goberno. Non obstante, a don Mariano, por moito que insista no contrario, parece que a realidade –a real, non a irreal na que se moven el e as cúpulas do se partido– non o debe preocupar suficientemente. De non ser así faise difícil comprender as dúas aventuras económicas nas que quere implicar e embarcar o conxunto da cidadanía.
A primeira, no tempo –onte mesmo xa se soubo en que quedou a cousa–, o da posible organización dos Xogos Olímpicos de 2020 en Madrid. Como alguén con todo o xuízo pode apoiar unha cousa así cando o Estado está practicamente na bancarrota? Evidentemente, porque hai fortes intereses de grandes empresas que, por suposto, de ir adiante a candidatura, van facer moitos agostos xuntos. As mesmas de sempre, as que mandan e gobernan na sombra. E tamén no sol, porque vai deixar de ser de todos e haberá que pagar o seu uso.
Esas xentes, a través dos políticos que están ó seu servizo, levan anos queréndonos vender que a organización deste evento é magnífico para todo o mundo, incluído o propietario do quiosco de prensa e chuches próximo a onde se van construír grandes infraestruturas. Oxalá fose certo! Pero non. O señor vendedor de prensa e algunha que outra cousa é posible que poida incrementar as súas vendas en pequena medida, mais vaille tocar pagar a parte correspondente do inxente gasto que supón meterse nesas aventuras. Como a calquera vendedor dese gremio de Ferrol, que non se vai beneficiar o máis mínimo e vai ter que soportar os custos do suposto investimento. Vai resultar o de sempre: uns inchan a carteira e outros pagamos as perdas. Canto lle está a custar ó pobo británico a aventura de Londres 2012? E canto lle vai custar ó brasileiros o Río 2016? Piden austeridade e andan con xogos de artificio. E o que é peor, metidos en leas de fogos de verdade. Por moito que o ministro do ramo defensivo, don Pedro de Morenés, queira convencernos de que o secretario de Defensa ianqui só lle agradeceu o apoio español para atacar Siria e que non pediu ningún outro tipo de intervención, todo apunta a que vai haber algo máis. E as intervencións militares custan moito diñeiro. Delas, como semella claro, lúcranse os fabricantes de armamento. E diso algo debe saber o noso ministro, xa que como é sabido ocupou postos relevantes nunha empresa de misís e noutra de bombas de racimo.
E non esquezamos que os xudeus son os principais fabricantes no mundo de gas sarín, que pode chegar doadamente ós combatentes da chamada oposición siria e que as intervencións en Serbia, Iraq, Afganistán ou Libia sempre se basearon en mentiras absolutas.

De xogos e de invasións

Te puede interesar