En defensa do Papa Francisco (e II)

A quí ao Papa Francisco podémoslle aplicar o dito castelán “con la Iglesia hemos topado”, porque ten que apeitar  cos bispos, que non actuaron coa “tolerancia cero”. 
Ao chegar proclama con claridade: “No puedo dejar de manifestar el dolor y la vergüenza que siento ante el daño irreparable causado a niños por parte de ministros de la Iglesia. Me quiero unir a a mis hermanos en el episcopado, ya que es justo pedir perdón y apoyar con todas las fuerzas a las víctimas, al mismo tiempo que hemos de empeñarnos para que no se vuelva a repetir”. 
Mais aínda así nas paredes do metro aparecían cartaces denunciando a tolerancia da Xerarquía. As asociación contra a pederastia dentro da Igrexa de Francia, Alemaña, EEUU, etc. 
Viñeron para estar presentes na denuncia e para dialogar co Papa. A organización episcopal cortou esta posibilidade. 
Os implicados nesta lacra eclesiástica en Chile chegan a 80, cito a  Fernado Karadima, como prototio, sacerdote famoso nunha parroquia El Bosque, persoeiro importante na curia chilena, actualmente nun convento, e  Juan Barros, bispo de Osorno, amigo e encubridor –din– de Karadima. Este bispo estivo, nestes días, en todos os actos na compaña do Papa. “O Papa fala,  mais non actúa”, é a frase das vítimas denunciantes.  Emporiso, coa práctica propia deste Papa, dialoga cos periodista e dilles:  “El día que me traigan una prueba contra el obispo Barros, voy a Hablar. No hay una sola prueba. Todo es calumnia”. Mais tres vítimas de Karadima, entre outras moitas, Juan Carlos Cruz, James Hamilton, José Andrés Murillo, que deron a cara e levan xa anos denunciando ao bispo Barros dende o seu nomeamento por este Papa, contestan: “El Papa desaprovechó una gran oportunidad, de escuchar a la comunidad de Osorno y a quienes hemos afirmado que el obispo Barros había encubierto los abusos de Karadima, con pruebas a la vista, como durante años hemos entregado”. Nun Twitter engaden: “como se fora posíbel sacar unha foto durante o abuso”.
Podemos dicir con toda certeza que este foi outro encerro do episcopado chileno. Mais o Cardeal de Boston, Sean O´Malley, o principal conselleiro do Papa no tema de abusos sexuais na Igrexa, criticouno dicindo: “as palabras do Papa son unha fonte de grande dor para os sobreviventes de abuso sexual”.
Cando estamos a escribir este artigo para a prensa, sorpréndenos este Papa coa súa maneira senlleira, o único dos papas que na súa actuación pastoral rectificara e pedise perdón.  No regreso xa libre da presión dos seus declara: “Ben sei que a moita xente abusada non pode traer unha proba, porque non a ten; ou aínda que a teña tápaa por vergoña. Pido perdón; escoitar que o papa lle diga que traia unha proba é unha labazada”. Mais o bispo Barros, mentres non teña “evidencias”, vai seguir aí”. 
Esperemos que con esa liberdade escoite ás vítimas que tiñan grande ilusión en teren  un encontro, mais negáronlles  o acceso ao diálogo co Papa. Parece ser que as vítimas que deron a cara nunca tiveron moi fluídas as relacións coa xerarquía. Nestes días, os bispos aínda se cerraron máis diante dos actos violentos contra das igrexas, e frearon sen dúbida a valentía do diálogo.
Eu remato este artigo coa nova, tan radical, do evanxeo de Xesús de Nazaret, que, por certo, nunca a vin citada cando se trata deste problema, di así: “Máis lle valera que lle colgase unha pedra de muíño no pescozo e que o guindasen ao mar antes de escandalizar a un destes pequeniños”.

 

En defensa do Papa Francisco (e II)

Te puede interesar