Presidente ausente

Núñez Feijóo tan non respecta o Parlamento Galego que se ausenta no segundo día do debate sobre a situación de Galicia, na xornada en que os grupos da oposición presentamos e defendemos as propostas de resolución: para reparar o deterioro provocado polo austericidio nos servizos públicos da educación, sanidade, dependencia, para ampliar a protección social cando crece a toda velocidade a poboación que padece privación material severa, a pobreza máis dura que fire a más de cento cincuenta mil persoas en Galicia, para recuperar o sistema de emerxencias privatizado, sobre o naval da ría de Ferrol, e así ate 40 propostas para mellorar as condicións de vida das persoas que viven e traballan en Galicia. Pero ao presidente, capataz político dunha clase dominante que quere substituír a política democrática polos consellos de administración, pola ditadura  estable da xente con diñeiro, non lle interesa. E nolo fai notar. Auséntase no debate xeral sobre o estado do país. Sería ben despedilo o antes posible.
 

Presidente ausente

Te puede interesar