Clases

|

Otanto tes, tanto vales segue a marcar tendencia, e seguirá. Sempre haberá alguén o algo que nolo recorde. O outro día sentíno cando viaxaba en avión.  Nun avión, coma ben saben, hai dous tipos de asentos: uns pertencentes a chamada clase business e outros para a denominada  “ tropa” turista (  o de tropa, claro o engado  eu). Pero poñámonos en situación. Cando embarcas chaman primeiro aos viaxeiros business, logo aos que levan nenos pequenos, de seguido aos que teñen dificultades físicas e por fin aos demáis. Ata aí todo normal. Unha vez sentados, a tripulación da a benvida primeiro  aos posuidores da tarxeta ouro de non sei que, logo á media ducia de pasaxeiros que se sentan en business e de seguido dan as grazas aos demáis por confiar na compañía. Os demáis somos os que vamos comprimidos nun espazo minúsculo no que a penas se pode desenvolver alguén que mida máis de 1,75 m.  Recordo que antes os espazos entre asentos eran máis amplos.  Observando a través do corredor, cando está plegada a cortina que separa aos vip dos turistas, decateime que as azafatas lle dan aos business o xornal e quizais tamén ese zume de brick que antes obsequiaban a todo o mundo xunto coa prensa. Pero ao converterse hoxe o avión nun xeito de transporte “popular” acabáronse  as sutilezas co “populacho”. Dentro de pouco quitatarán  as azafatas nos voos domésticos na clase turista porque total nin che dan zume, nin prensa, nin carameliños, nin nada! O avión pasou a ser una especie de bus que voa e que case sempre vai cheo onde os viaxeiros da clase turista atópanse cada vez máis comprimidos nuns espazos inverosímiles. Se tes a ocorrencia de estender esa mesiña que se desprega  para soster un libro, ou computador, etc, sufrirás unha compresión torácica que para que che conto. Así que mellor déixaa onde está, pecha os ollos, intenta durmir se é que non ven a azafata ofrecéndoche unha lata de tónica ou un mini bocadillo a un prezo de “altura”. Para iso non es turista. En Turquía viaxei en bus de longo percorrido. Levaba monitores de TV con auriculares en cada asento, sobrecargo e azafata que che ofrecía varias veces un te exquisito con pastas. Todos sentados na mesma clase. En fin, que recordei aqueles viaxes que facía en avión hai anos, incluso naqueles bimotores de turboélice pequenos e fiables onde sempre había un “detalle”. Hoxe hai moita demanda  para viaxar en avión e ise pode ser o motivo dese desleixo. Pode ser. 
 

Clases