O roubo

|

Non entendo por que hai máis chefs homes que mulleres.Non debería ser así!”.                                  
O comentario foi de Manuel, neno valenciano de 11 anos, último gañador do concurso de cociña Master Chef Junior rematado hai poucas datas con moi altas audiencias populares na cadea da televisión pública. Dado o tirón mediático deste programa, como poden imaxinar, el non foi o único rapaz, rapaza ou incluso adulto da xeografía estatal que se plantexou tal cuestión de xénero. A solución,a resposta á dúbida infantil é un dos valores permanentemente en alza en calquer sector: a conquista da creatividade.
O mesmo sexo dominante que impide o ascenso da muller ós máximos niveis en determinadas áreas, no seu día roubou espazos de protagonismo de mundos tradicionalmente femininos en disciplinas como a moda ou a cociña, que requiren altas doses de proactividade. Agora é díficil cedelos.

O roubo