A INVISIBILIDADE

Incluso nas crises, sempre houbo persoas, colectivos e situacións que gozaron do privilexio de chegar máis ao corazón e ao sentimento das xentes, mentras que outros adquiriron sempre a pátina da invisibilidade e sufren en silenzo e abandonados o mesmo sufrimento daqueles que son escoitados e aplaudidos. Nunha cadea de televisión, nestes días, una escritora falaba de que ía ser desahuciada e criticaba o drama que vivía, manifestando que agora non era coma antes. Antes afectaba a xente humilde e agora esto era un problema porque afectaba á clase media e media alta.

Foi un auténtico exercicio de soberbia. Como se houbera xente que por ser humilde ou directamente pobre, non contara. Como se o natural fora que caeran dos censos e das estatísticas aqueles que traballaban o triple para acadar a cuarta parte da media do país. Son persoas e colectivos silenciosos e silenciados. Que buscan a súa supervivencia no remate dos turnos dos supermercados. Aos que ninguén escoita nin atende. Os que nunca protestan pero sinten a culpabilidade da vergoña. Son os que máis perderon nestes tempos. Pero teñen moita máis dignidade que aqueles que teñen voz e tan só a usan para esixirlle aos demáis sen faceren eles o mínimo exercicio de autocrítica. Son tempos revoltos, onde moito estamos perdendo baixo a excusa/coartada da austeridade como método. Onde o pensamento crítico vai cedendo espazo ao utilitarismo como recurso e oportunidade. Onde os lobos visten peles de cordeiro. Pero non deixan de ser lobos. Son os mesmos que queren prescindir da Política. Para ter as mans libres. Non lles preocupa que a invisibilidade medre cos invernos.

A INVISIBILIDADE

Te puede interesar