Das decisións asimétricas

Non apreciamos nestes días, un exercicio razoable da Arte da Prudencia. E así chama a atención a desproporción entre as xustificacións peregrinas, que utilizan algúns líderes políticos, e a utilización do negro e máis o branco segundo o interese, a oportunidade ou a conveniencia. 

Aguado, candidato de Cidadáns á Comunidade de Madrid, pide aos Socialistas que se absteñan para facilitar a súa investidura. Pero semella que non foi a clase o día no que explicaron a Lei da Xusta Reciprocidade. Asombra o cinismo de pedir sen dar e o ridículo argumentario co que queren convencernos de que levan razón. Vivimos rodeados de asimetrías. De esforzos desiguais e recoñecementos diverxentes, que acabamos sentindo coma inxustos. Convivimos coa sorpresa intelectual de non entender, moitas veces, que o que víamos con clara rotundidade, non só non sucede senón que observamos como todo circula ata exactamente, o punto máis oposto. Tamén descubrimos nestes días con Javier Nart, Toni Roldán ou Juan Vázquez, que o pago da discrepancia segue a ser o retorno á casilla de saída. Tardamos en formar gobernos. O que provoca unha certa exasperación. PSOE e Podemos, executan unha variante de danza maorí, destinada a demostrar quen resiste mellor o embate, e xestiona  mellor a escalada de tensión. Un xogo en extremo perigoso. Esta indefinición,  acaba por xerar na sociedade unha sensación de fraxilidade, temporalidade e desconcerto. Tentemos evitar a provisionalidade. Todos coñecemos os efectos secundarios que conleva, o feito de deixar demasiado abertas as cancelas. Repetición de eleccións? Non, grazas. Hai que poñerse a falar.

É difícil marcharnos de quen somos –dixo El– esquecer un afecto que latexa, un cadro que nos mira... Somos poemas sentidos coma consecuencia directa de habitarnos, e equipaxes sinxelos coma nubes... partir é unha ferida insoportable, cargada da desidia da nostalxia...

Das decisións asimétricas

Te puede interesar