Peche

|

O anunciado peche de Zara ten alporizada a cidadanía, por considerar que é outra perda que engadir ao xa considerable desmantelamento comercial de Ferrol. E nembargante, a decisión da empresa é perfectamente lóxica e non se lle pode reprochar aos responsables, pois si unha empresa non da beneficios, sería de tolos mantela en funcionamento. A cuestión é saber por que se vai e buscar solucións para os posibles problemas. Seguramente eses problemas son os mesmos polos que xa levan pechado un cento de locais, que non cubrían gastos. As grandes superficies comerciais con posibilidades de estacionamento e amplos horarios proporcionan ás empresas oportunidades que na cidade non hai. E ademais, a perda continua de habitantes, ou sexa, posibles compradores, é outro dos inconvenientes que non parece moi doado de solucionar. A este paso, teremos un centro urbano conservado para disfrute dos visitantes, pero baleiro de veciños. Alguén tería que facer algo. Digo eu, claro. 
 

Peche