Frases

Os políticos adoitan empregar frases que, sen saber o que queren dicir, calquera pode imaxinar o significado ao seu xeito.

Por exemplo, cando din “aquí pasou o que pasou”, ou “a situación é a que é”, ou “as cousas están como están” e outras, a interpretación da mensaxe depende da imaxinación do ouvinte.

Para entender estes enigmáticos comunicados, os galegos temos o recurso da retranca, que nos permite supoñer o que pasou, cal é a situación e o por que as cousas están así. Coido que todas esas cuestións pódense concretar co noso “por un lado ti xa vés e polo outro, que queres que che diga”.

Ás veces, algunhas frases dos políticos sáense do modelo cotián, como cando alguén di que “en cincuenta días Galicia tendrá un gobierno de unidad y fuerte”, o que nos fai pensar en como foi o que tivemos nestes tres últimos anos, cousa que tamén podemos concretar con un “por un lado ti xa vés...”.

 

Frases

Te puede interesar