IRMÁN

Unha das primeiras luces deste novo ano chegoume en forma de libro. “Meu irmán é Síndrome de Down. Un feliz paseo pola vida” é o título da obra que acaba de publicar a Editorial Pirámide. O autor, Gonzalo Latorre Morado, preside a Asociación APADER en Cedeira. Nas súas 375 páxinas ofrece unha visión histórica do síndrome de Down a través da súa evolución social durante os últimos 30 anos. Escrito nun tono persoal, relata experiencias, anécdotas, e unha concepción do síndrome cercana, cálida e positiva. Aborda tamén áspectos máis amplios da discapacidade intelectual e do proceso de integración utilizando os propios testimonios vitais de persoas en pisos comunitarios, con traballo propio remunerado e visibles na comunidade en actos de ocio e vida social.

Imprescindible para familias, profesionais e todos os que desexen acercarse de forma amena, humana e técnica ó mundo da discapacidade intelectual.

 

IRMÁN

Te puede interesar