UNHA IGREXA SEN CREGOS(II)

TXT editoHai quince días faciamos a introdución a este mesmo tema que hoxe continuamos. Pero antes de seguir, quixera advertir que a afirmación de que a Igrexa estaría mellor sen cregos non debe considerarse un despropósito que a puidera levar a perder a súa presencia na sociedade. Todo o contrario. Este debe ser o camiño que lle facilite volver ao encontro comunitario en igualdade, como fora ao principio. E tampouco hai que entender a desaparición dos cregos como un menosprezo para a maioría dos sacerdotes que ata agora entregaron os seus afáns e a súa vida para servir aos fieis. Non. O propósito neste caso non é someter a xuízo os cregos que existiron e aos poucos que van quedando, senón á institución clerical como tal, que se fixo ama da Igrexa dende hai preto de quince séculos, anulando practicamente a participación dos laicos. U
Urxe, xa que logo, que esta institución vaia deixando paso a algo diferente para mellor servir a todos en irmandade, principalmente aos necesitados, aos enfermos e aos deshauciados. Xesús tratou con moitas e diferentes persoas, e sempre foi quen de adaptarse ás características e á forma de ser de aqueles cos que se encontraba. A Igrexa debería deixar atrás o que queda desa estrutura de poder clerical que é motivo de que o mundo actual a rexeite. Esta parece ser a idea do papa Francisco. 
Quen coñeza un pouco a historia debe ter presente que nos primeiros séculos do cristianismo non existía o clero. A Xesús sucedérono os seus discípulos, solteiros, casados, mulleres e homes. 
Os mesmos que o acompañaban por Galilea en Palestina. E cando o poder do Imperio Romano, con Pilato, foi consciente do perigo que o proxecto liberador do Nazareno supoñía para os seus intereses imperiais, buscaron a maneira de acabar con el crucificándoo. Morto Xesús, os discípulos agrupáronse para gardar a súa memoria e transmitir o que el lles fora ensinando a todos os dispostos a escoitalos. 
Os que se ían convencendo agrupábanse en comunidades e, aceptando as súas ensinanzas resucitábano, facían presente ao mesmo Xesús. Así comezou xustamente a misa que actualmente deixou de ser o que foi. Para empezar sobran ritos, cerimonias e solemnidades. 

UNHA IGREXA SEN CREGOS(II)

Te puede interesar