Incoherencia

Se por un casual –tan remoto como imposible– un destes ricachos da península arábiga, a exUnión Soviética ou calquera país emerxente do sudeste asiático quixese formar un equipo punteiro a base de millóns (Chelsea, Manchester City, Paris Saint Germain, Monaco...) e me encargase a min das fichaxes teño claro que para a portería escollería Víctor Valdés. Ó meu entender está no mellor momento da súa vida e é, sen dúbida, o mellor porteiro da actualidade. Que hai máis de altísimo nivel, por suposto, mais hoxe por hoxe como el ningún. Casillas foi –e segue a ser extraordinario– o mellor. Pero xa non o é. Demóstrao a suplencia no Real Madrid (Diego López, que estivo, curiosamente, non está na selección) fóra de calquera mouriñada. Por iso non entendo como del Bosque puxo a Casillas para xogar contra Xeorxia cando uns dias antes, cando o partido con Bielorrusia, manifestou que non xogaba porque sólo xogara un partido nun mes. Catro días despois estabamos nas mesmas e...? Faltaralle personalidade ó seleccionador?

Incoherencia

Te puede interesar