E pagamos... máis

A pesar da crise económica o Estado incrementou a recadación fiscal na Galiza en máis de 300 millóns de euros respecto do ano 2011. E de onde saíron ou en que peto foron procurados? Pois segundo a Memoria Fiscal un 44% da recadación procede fundamentalmente dos rendementos do traballo, ou sexa daqueles que tamén aturamos o aumento do IVE. Porén, os rendementos do capital, as actividades empresariais e o imposto de sociedades reduciron o seu contributo. Velaí a necesidade de modificar un sistema de contribución que mantén no limbo as SICAV, que acubillan a fraude fiscal das grandes fortunas e sociedades patrimoniais e, pola contra, castiga as rendas do traballo e o consumo.
O corvo, amigo de vello, reconta día si e outro tamén as noces da nogueira (se callar anuncia un conflito de intereses aló polo setembro...) e o serán agarda, baixo as pólas da cerdeira, que pase esta calor serodia.

 

E pagamos... máis

Te puede interesar