Líbranos, señor, da xustiza

ando vin e ouvín a este rapaz, (en Galiza chamámoslle “rapaz” a un home xove e casadeiro), firme nas súas palabras falando da foto de Cristo coa cara del, inocente de todo o que se lle acusaba, dixen para min: eu que saír en defensa desta vítima. 
Grazas, Daniel, por esa idea que tiveches de poñerte nunha foto como copia do Xesús de Nazaret axustizado na cruz, coroado de espiñas e escarnecido. Non só non lle faltaches á relixión, senon que, xa que logo, admiro a túa iniciativa por poñela nos medios para admiración de todos os demais. Eu son un admirador dese Xesús e un humilde seguidor seu. Por isto mesmo tamén son admirador teu.
Por esa acción que fixeches, xa sabes que aquí tes un amigo, para o que faga falta, incluso, se é necesario, facerme responsábel do que ti fixeches. Polos anos setenta e oitenta do século pasado, houbera unha corrente, entre os rapaces que non querían facer a mili, de presentaren a obxección de conciencia pola negación do manexo das armas., e para reafirmaren esta decisión, tiñan que levar un escrito con firmas dos que nos ofreciamos a sermos responsabeis da mesma obxección, “hante chamar ao xulgado” -dicíanme-; pois o mesmo che digo, Daniel. Ti fuches valente ao presentarte diante da xustiza  para render contas e admitir un delito por esa obra boa que ti fixeches. Eu na miña vida vin cousa ao paso!; mais éche un dicir, pois ver vémolas arreo, nestes tempos. Claro que eu non entendo moito diso da xustiza; como pode ser que por esa boa obra túa te declaren delincuente e che impoñan a obriga de pagares unha multa de 480 €?. En Galiza hai unha pregaria de Castelao que di: “, Señor, líbrame da xustiza”. Porque somos testemuñas de que a xustiza sempre é máis dura para os humildes que para os donos e señores; E neste caso trátase dunha xustiza inxusta, creo eu.-
E mira por onde, dun mal xurde un ben, como é a obra  marabillosa de solidariedade dos  tuiteiros que se fixeron cargo de pagarche a multa con cartos que ti non tiñas, e aínda sobrou. Entre estes solidarios aparece un famoso nos platós de TV, Xesús Vázquez, que foi deste pobo. Benia a estes solidarios. E dígoche máis: A Cristo vendérono por 30 moedas de prata que terían hoxe un valor de 2.600 €; era o que se estimada daquela na compra dun escravo. Digoo por fcer unha comparanza.
Non teño nada que ver coa estatua do Cristo que ti copiaches que sae na semana santa nin tampouco, supoño, ten moito que ver coa mensaxe de Xesús en Palestina. Antes de nada quero dicirche que ninguén se pode apropiar da cara dese Cristo. Non lles fagas caso aos de esa confraría.
Moitos queren ter a exclusiva de Xesús, as Curias das Igrexas, as Confrarías de Semana Santa, etc para aparentar que son relixiosos. Pois xa sabes que a este Xesús foi vítima dun tribunal civil e outro relixioso. Líbranos desta xustiza. 

Líbranos, señor, da xustiza

Te puede interesar