“Ja soc aqui”

|

Estas palabras expresadas por Josep Tarradellas o 23 de outubro de 1977 marcaban a fin da ditadura de Franco e o inicio da transición que deu lugar ao actual réxime  pactado coa burguesía catalá e os partidos españois.  
A aprobación da lei do referendo polo parlamento catalá o 6 de setembro supón  a quebra dese pacto e a fin do réxime do 78. Nada vai ser igual  aínda que o goberno español for quen de impedir coa represión  a realización do mesmo o vindeiro 1 de outubro. A derrota dun réxime incapaz de asumir que o dereito a decidir non é un delito reflíctese nas imaxes da guardia civil e da policía  facendo rexistros e controis para localizaren elementos tan perigosos como urnas e papeletas... E a mutación do Tribunal Constitucional nun TOP de novo cuño... 
De continuaren por esa vía as consignas  -  Liberdade, Amnistía, autodeterminación ocuparán rúas e valados. E, máis cedo que tarde, escoitaríase, de novo, un   Ja soc aqui... libertario.
 

“Ja soc aqui”