Á marxe das eleccións

Redacto estas liñas antes do peche dos colexios electorais e, por tanto, sen coñecerse os resultados das eleccións en Cataluña, que, en calquera caso, semella bastante claro cales van ser. Mais, sexa como for, o que nestes últimos meses se puxo de manifesto, por se alguén tiña dúbidas, é que Cataluña é unha realidade social, cultural e política ben diferenciada do resto dos territorios que a día de hoxe conforman o Estado español. Descubrino hai tantos como corenta e cinco anos, antes de ter pisado Cataluña, curiosamente en territorio de fondas raigames españolas: a imperial Toledo. Cadroume botar tres meses na Academia de Infantería –realizando un dos períodos de formación das milicias universitarias– convivindo as 24 horas do día con compañeiros de todas as Universidades españolas. Aquilo era un recinto militar franquista e estabamos nun ano, 1972, con grande conflitividade social, de loitas operarias e estudantís significativas, mais onde todos os cataláns, de todas as procedencias xeográficas e/ou familiares, entre eles usaban o catalán, o que non faciamos nin vascos nin galegos. Velaí a cousa!

Á marxe das eleccións

Te puede interesar