Libre

|

Tac, tac, tac, tac, o sonido chegaba a intervalos irregulares e, tac, tac, tac, tac apenas era audible entre as conversas da multitude de xente que abarrotaba as rúas do gran mercado dominical. Avanzaron pausadamente na súa dirección, tac, tac, tac, ata dar coa orixe, tac, tac, tac; unha pequena e azul Olympia Splendid 33. Pulsada por unha rapaza vestida de cores e cabelo solto, dela saían as letras que configuraban verbas. Tac, tac, tac para quen tivese o valor de poñer o tema ela facía o poema. Non dubidaron. Tac, tac, tac, tac. 
Veñoia cantando todos os amaneceres/ di que a metade do que pasa/ non fai falla e que espera./ Pero venden tickets para soñala,/ e, algunhas mans codician o diñeiro/ máis que o aire puro que ela presta./ Quedamos ti e eu para facer algo por ela./ Veñoia cantando che digo./ Veñoia escoitando./ E si falar se prohíbe./ Alí quedarán ás árbores plantadas pola miña man, e,/ saber que farías ti coa túa. Tac... 

Libre