HUMANIZAR

Emprégase este vocábulo en temas urbanísticos para definir os traballos dirixidos a facilitar a vida ás persoas. En Ferrol temos exemplos de humanización como os das estradas de Catabois e a de Castela, ou as rúas de Venezuela, Alcalde Usero e Telleiras, onde o espazo dispoñible permitía a delimitación de beirarrúas amplas, sen reducir demasiado as posibilidades de estacionamento de vehículos motorizados. Outra cousa é a pretendida humanización no céntrico barrio de A Magdalena, no que o uso peonil de varias rúas e a ampliación de beirarrúas en outras, conduce a suprimir moitas prazas de aparcamento. E se engadimos a falta de garaxes, entenderemos que moita xente non estea interesada en vivir nun lugar onde non pode dispoñer do seu propio medio de transporte, hoxe indispensable para quen teña que se desprazar ao seu lugar de traballo. Aínda admitindo as vantaxes da humanización, coido que así corremos o risco de deshumanizar o centro por falta de xente.  

 

HUMANIZAR

Te puede interesar