Burocracia

xente común, que mira ás administracións dende unha certa distancia, non acaba de entender como funciona a nosa burocracia. Que Narón deba oitocentos cincuenta mil euros polo saneamento, e non haxa fórmula para que pague, e ademais haxa que esperar a un estudio do secretario municipal e do interventor, resulta paradoxal. Pero, quizais a trampa estea na famosa encomenda de xestión de Emafesa e que o noso concello veciño non acepta por ter dúbidas legais con ese proceder. 
Así mesmo, vemos como desde o Catastro súmanse ao esperpento pretendendo facer a transmisión dunha herdanza dunha señora que ao final ten que demostrar que segue viva. Algúns coñecemos casos de asignarse fincas a outras persoas por error e ter que acabar buscando ao “propietario orixinal”. E para acabar a pretensión da Xunta de que o IBI das súas vivendas sociais sexa pagado polos seus inquilinos. En fin, a burocracia.

Burocracia

Te puede interesar