INDAGACIÓNS

Coa aparición de Podemos na escena política, comezaron as indagacións sobre a súa finanzación e a ideoloxía política que estaba detrás. Houbo quen o relacionou con certos estados suramericanos e, inclusive, se falaba de cantidades concretas para apoio do novo partido, que sufriu unha serie de furibundos ataques a cargo dos medios da dereita. Sorprendentemente, o outro partido aparecido ao mesmo tempo, Ciudadanos non sufriu, que eu saiba, unha tan feroz indagación e campaña de desprestixio, aínda que algúns malpensados dixeron que era unha “franquicia” do PP. Outros apuntaron a posibilidade de ser un instrumento do Ibex ese, para preparar a sucesión do PP, no caso dunha desfeita polos asuntos de corrupción descubertos, que salpican a moitos “pesos pesados”. Así, o novo partido recollería a infraestructura e as persoas importantes co seu prestixio intacto. Pero isto é o que opinan algúns malpensados. Eu non, porque prefiro pensar ben. Aínda que, ben pensado...

INDAGACIÓNS

Te puede interesar