O CAOS

Cando isto escribo é luns e chega de novo o caos circulatorio a Ferrol. A prolongación das obras ata a praza de Galicia inutiliza a parada de autobús urbano situada diante do edificio de correos, núcleo fundamental deste transporte na cidade. Cunha simple análise visual e a confirmación verbal de varios implicados constatamos que incriblemente este aspecto non parece estar previsto. Anuncian tamén os medios de comunicación a oposición de boa parte dos veciños ao novo plan de aparcadoiros. Non é casual todo isto, non é a circunstancia normal derivada das incomodidades que toda obra xera no día a día das nosas vidas. Todo iso é o froito da improvisación, das présas por un próximo horizonte de eleccións locais. Da incapacidade de xestionar unhas reformas que deberon empezar xa hai tempo e polo tanto secuenciarse de forma espazada e ordenada. Do desprezo que vén demostrando o equipo de Rei Varela pola participación cidadá.

 

O CAOS

Te puede interesar