VÍMARA PERES

Ahistoriografia española esaxerou o papel xogado durante a reconquista por Castela na conformación da realidade peninsular e do Estado español. Isto vese especialmente co denominado Reino de León, pois apenas se profundiza sobre a súa existencia e só se ten en consideración como antecedente do futuro Reino de Castela. Cando nos reinos de Asturias e León a parte mais importante a nivel demográfico, económico e político era a franxa occidental na que vivía a poboación galega. O mesmo acontece co Reino Suevo, con capital na urbe de Braga, que derivou da antiga provincia romana de Gallaecia, e que constituiu o primeiro reino cristián de Europa.

Nos libros de texto escolares non se tratan como é debido esas realidades fundamentais ou se esquecen por completo. Nin tampouco se tenta explicar en base aos feitos do pasado o evidente carácter excéntrico da Galiza no mapa e contexto do Estado español.

As únicas repoboacións e reconquistas que contan son as protagonizadas polos casteláns e os cataláns-aragoneses, obviando as levadas a cabo polos galegos e despois os o ser a do cabaleiro medieval Vímara Peres, un dos coruñeses máis sobresalentes.

Vímara Peres naceu na Coruña o ano 820. Era o conde da Coruña cando dirixiu en tempos do rei de León Afonso III a conquista e repoboación do espazo comprendido entre os ríos Miño e Douro. Fundou as cidades do Porto e de Guimarães. O nome desta última deriva do pequeño burgo fortificado creado por el e entón chamado no seu honor “Vimaranis”. Nesta localidade morreu o ano 873. Foi o primeiro conde de “Portucale”, sendo o último o rei Afonso Henriques. Esa dinastía condal seria, por tanto, a orixe do futuro Estado portugués. Unha imponente estatua ecuestre de Vímara Peres, situada á beira da Sé Catedral do Porto homenaxea desde hai anos o fundador da cidade irmá.

O Concello da Coruña, como contributo ao achegamento entre os pobos galego e portugués e como lembranza do pasado común, estaría ben que instalase algún monumento dedicado a Vímara, como tamén asignarlle a algunha rúa o nome de Guimarães. Podería haber unha xornada co encontro entre os tres alcaldes e cidades, e un evento cultural. A unha cafetaría da Coruña con nome de Vímara, en honor á nosa personaxe, achéganse portugueses que viven na cidade. Establecer actos e lugares para o encontro entre galegos e portugueses, tanto na Galiza como en Portugal, seria ben necesario.

VÍMARA PERES

Te puede interesar