O asunto da composición das Cámaras e os Gobernos está a amosar á opinión pública as ansias de mando de aqueles que xustifican as súas intencións con diversos pretextos: uns pola estabilidade do país, outros polo cambio do xeito de facer política, outros pola unidade do Estado. Mais a realidade é que todos buscan o mando, disque como unha ferramenta para facer posibles as súas ideas. O problema é que as ideas que expoñen en ningún caso convencen a todos os cidadáns, ou polo menos aos máis, aínda que parece bastante claro que unha ampla maioría non quere ser gobernada polos mesmos que tantas veces os enganaron. O problema é a falta de xenerosidade daqueles que din que en España hai moito que cambiar, pero non cambian eles o suficiente para que as cousa cambien. Como exemplo, o do mesmo don Mariano, que di que hai moitas cousas que cambiar, pero que durante catro anos, no canto de cambiar, o que fixo foi “descambiar” o pouco que outros cambiaran. Ou non?