DENDE O LADO ESCURO DA FORZA POPULAR

Ocongreso de Sevilla do PP, deixou en evidencia dúas cousas básicas: a primeira é que a ecuación poder máis expectiva igual a felicidade, da que deriva a unidade consustancial aos momentos de éxito, segue a ser verdade; a segunda foi a constatación evidente de que o lado escuro do PP segue ben vivo. Aznar falou e non só por falar, senon que marcou o trazo fino e groso das liñas polas que debe circular a acción de goberno e ademáis, cunha esixencia clara: sen demoras e sen que temble a man.

Aplaudíronlle todos, algún con entusiasmo (Mayor Oreja e similares) e outros cunha cara de preocupación que non puideron disimular, pensando que cada vez que Aznar intervén nalgures, o mito –e a meta– do ansiado centro alónxase máis e máis do PP. O demáis foron fogos de artificio e unións coiunturais oportunas e precisas, non convencidas, xa que os mesmos que deixaron a Rajoy aos pés dos cabalos fai catro anos trala segunda derrota, son os mesmos que agora se pelexan para levalo baixo palio e con toda a pompa boato e circunstancia.

Queda por ver, agora que van quedando sen o recurso de botarlle a culpa a Zapatero, cal será o pegamento para manter aos seus en estado de alerta. O PP foi sempre hábil no invento dos slogans para sementar alarma nos cidadáns, e agochar tras una frase a súa falla de iniciativa ou a súa responsabilidade. Cál será agora a maniobra de distracción? Gibraltar español again ou a sociedade que protesta como o novo enemigo?

DENDE O LADO ESCURO DA FORZA POPULAR

Te puede interesar