FACHENDA, TIRANÍA

O recibo da luz hipotecado polos beneficios de miles de millóns das grandes eléctricas (6.446 millóns só en 2012), ou a lei de prazos do aborto xa na capela, católica iso si, da guillotina clerical de Gallardón. Hai un ano houbo  eleccións, onde uns prometeron dique e carga de traballo no naval, prezos agrarios para facer viables as explotacións, non máis golpes ao ensino, á sanidade e á dependencia,  non  máis sacrificios aos empregados públicos… e con  esas mentiras,  cartos da contabilidade B, e unha lei electoral onde uns sufraxios valen máis ca outros, gañaron as eleccións. Ergueron un muro de tiranía e fachenda para gobernar contra o país traballador, para non aprobar nin unha emenda da oposición, para negar documentación pública, para abafar con recortes e privatizacións a vida da xente do común, para afogarnos coa súa corrupción, para negarnos luz e  auga, e o dereito ao aborto para dispor o seu antollo da nosa vida. Muro ilexítimo que hai que impugnar nas rúas, coa dignidade e xustiza das nosas loitas.

 

FACHENDA, TIRANÍA

Te puede interesar