A esquerda romántica

ise que a política é unha profesión máis, con algúns sacrificios que estarán compensados polo prestixio social. Fano persoas que non cuestionan o modelo e que, como máximo, queren facerlle algunhas rectificacións. 
Hoxe, son a inmensa maioría dos que presumen de formar parte da clase política. Teñen garantido aparecer nos medios, e non son poucos os que o fan con aire de realizados. 
Tamén existe un sector que procura cambios sistémicos, que adica horas e esforzo á causa militante na base, dando máis do que recibe. 
Posibelmente nunca teña unha recompensa, aínda que, se realiza activismo no sindicato, no barrio ou nunha asociación, será recoñecida polas persoas coas que comparte loitas.  
Os partidos nútrense hoxe de clase traballadora acomodada, de persoas autónomas ou que sempre traballaron na estrutura. 
As súas sensibilidades laborais e vivencias están ligadas a estes límites, tamén na esquerda. É lóxico que estean afastadas da problemática do traballo manual. Daquela que a abstención sexa tan importante na clase obreira e na mocidade, e que non se vexa a esquerda como sinónimo de transformación, agás por reducidos sectores. 
Non é culpa de Internet, nen da tecnoloxía, que sendo importantes, non teñen tanto valor como os comportamentos humanos. Especialmente cando faltan obxectivos e folla de ruta que se contrasten no cotiá. 
Non é estraño polo tanto, que esta nova esquerda faga propostas que ignoran o esforzo humano, o traballo como aspecto central. E que, por exemplo, propoña unha renda básica universal sen concretar contías, sen dicir como se vai pagar, ou sen ter en consideración o efecto disuasivo sobre o traballo e de chamada exterior. 
E, mentres esta proposta seica o solucionaría todo sen esforzo, óbviase a explotación laboral, a extrema concentración e centralización da riqueza e do poder. 
Ignórase a planificación económica, a nacionalización dos sectores estratéxicos, e a necesidade de rematar coa depredación dos países periféricos para evitar a masiva migración forzada, que ademais aumenta a man de obra de reserva en beneficio das clases dominantes. Unha boa parte da esquerda fíxose romántica fóra de época. 

A esquerda romántica

Te puede interesar