Colectivo

|

Hai xa algún tempo a concelleira de cultura, Yolanda Díaz, reuniu a todas as asociacións que traballaban nese campo dentro da cidade. O obxectivo, consensuar entre todas unhas normas para o reparto das axudas que o Concello concede cada ano para a realización de actividades. Un avance enorme para lograr unha maior transparencia e participación nunha tarefa na que habitualmente o amiguismo era o mérito fundamental. Algúns creron ver niso un xesto de debilidade. Eu, que non pertencía a Esquerda Unida e que acababa de chegar como asesor, contestei cun exabrupto acorde coa miña arrogancia e o meu individualismo feroz naquel momento.
Nesta organización aprendín a pensar en colectivo, fíxenme mellor e é por iso que decidín quedarme nos momentos máis duros e esta é tamén a causa que pida o seu apoio para unha entidade presente naquela reunión, o Ateneo, que acosada pasa dificultades. Un valor de todos.

 

Colectivo