Carvalho 2017

No ano 2008 Francisco Fernández del Riego, como presidente da RAG, propuxo, por primeira vez a candidatura de Carvalho Calero ás Letras Galegas, porén a proposta non prosperou porque en palabras del  “pervive o seitarismo na Academia”. As propostas realizadas nos anos 2010 , 2013 e 2014  correron a mesma sorte.
Falarmos dos méritos académicos, da obra poética, da  narrativa, do teatro ou da profundidade dos ensaios; reiterarmos o seu compromiso na defensa das liberdades do nomeado polo Parlamento galego  fillo ilustre de Galiza; insistirmos na débeda que a cultura e lingua galega ten co fillo predilecto de Ferrol,  con toda probabilidade, é un exercicio innecesario.   Após dos 26 anos andados do seu pasamento, é tempo de que os méritos do profesor Carvalho Calero sexan recoñecidos por unha Academia na que ingresara o 17 de maio do 1958. A RAG ten a oportunidade de realizar un exercicio de xustiza.
 

Carvalho 2017

Te puede interesar