Black friday

sorprendente como imos cara a unha uniformidade asfixiante. A globalización fai que quen domina o mundo traslade a súa visión e a súa hexemonía cultural á política e á economía. Paréceme ben que as empresas de servizos, de tecnoloxías domésticas e, en especial, o sector da roupa e do calzado saquen iniciativas para incentivar o consumo, pero non podían ser un pouco máis creativos? 
Venres negro soa mal, pero ter un término propio sería deixar claro que algo temos que dicir nós como cultura e unha medida de achegamento aos potenciais consumidores. A falla de imaxinación igual vén da man dun intento de reflotar un consumo familiar dependente duns salarios baixos, agravado por este tempo -ata hai pouco primaveral- que non incita a renovar o armario. A xente cada vez mide máis os seus gastos. Hoxe o consumismo compulsivo é duns poucos, morreu o capitalismo popular e “low cost”.

Black friday

Te puede interesar