A cor do desasosego

isne é ave, habitualmente coa plumaxe branca, de pescozo longo e flexible e co peteiro alaranxado cunha protuberancia nasal negra. Algunha vez, en poucos casos, este voador da familia dos anátidos, altera a súa cor invertendo a súa plumaxe a negra coa punta do peteiro en branco; e dicir, ao revés da maioría. Nas culturas nórdicas, onde é normal velo no medio acuático natural, ata o fenómeno cultural de ser convertido nunha composición musical que dá nome a un dos clásicos do ballet, a presenza deses individuos de cor escura é signo de mal agoiro; un código fóra da razón que precede as malas novas, aínda por coñecer. Por iso, convertido en análise académica triunfante na moderna socioloxía, deu pé á “Teoría do Cisne Negro”; metáfora da explicación a posteriori para algo contrario ao agardado, partindo dunha curiosa evolución histórica da expresión latina “rara avis in terris nigroque simillima cygno”, que adaptamos á lingua galega como “ave rara na terra, moi semellante a un cisne negro” que para a xente da antigüidade non existía; ata que foi descuberta no século XVII, en Australia. A partir dese momento é cando cobra o significado da teoría: O termo transforma da imposibilidade absoluta para mudar á explicación a posteriori do sucedido. Un “era sabido”, na nosa filosofía retranqueira. 
Por iso, no desasosego da persoa que está preocupada ou excitada por algo, a suma da cor negra, a máis poderosa e neutra das cores, aínda que asociada á forza, á formalidade ou á elegancia, suxire misterio e curiosidade; e, por iso, na percepción do mundo occidental relacionase co medo e coa memoria emocional do desacougo. Buraco negro de intranquilidade. 
Velaí é como xorde novamente na opinión do pesimismo orientado á creación de estados de opinión que se forxan dende as columnas da prensa escrita ou dos parladoiros de medios audiovisuais na procura dun ambiente receptivo para determinadas decisións políticas ou de estratexia económica que son contrarias ao interese das maiorías sociais, esas que forman as persoas con menos recursos ou en risco de exclusión laboral. Amparados na xestión dunha comunicación que, primeiro, situou a infección do “teimoso virus” na exclusiva responsabilidade e transcendencia chinesa, algo alleo que ía prexudicar á economía deste territorio, agora tórnase como búmerang cara nós directamente. Ocasión aproveitada pola “troica” comunitaria para pedir o freo das  reformas laborais, de arrendamentos e salariais. Descaro. 

A cor do desasosego

Te puede interesar