Sempre Cataluña

|

Resulta inevitable falar de Cataluña e do estoupido de violencia que, por máis que se vía vir, non semella que fose doado evitalo; porque cando alguén está decidido a saltar por enriba das leis, o único argumento para paralo é a forza. Mais parece claro que, o que se buscaba era precisamente o emprego da forza por parte do Estado, para seguir eles coa súa teima do “victimismo”. A min paréceme que os galegos somos bastante máis víctimas que eses burgueses cataláns, que rexeitan a monarquía, pero viven como reis. Falan de república, de democracia, de independencia e liberdade, pero non respectan a liberdade dos que non pensan como eles. Coido que o presidente Sánchez acerta, cando lles di que falen primeiro cos outros cataláns, porque se os separatistas fosen todos, habería que deixalos ir. E se cadra, todos sairiamos gañando, por non ter que aturar tantas “Torradas”, pedindo diálogo para falar do seu “dereito de autodeterminación”.  E os dereitos dos demais?

Sempre Cataluña